FURGONETER@S GALLEGOS

Iniciado por arzaia, Enero 26, 2009, 22:10:00 pm

Tema anterior - Siguiente tema

0 Usuarios y 2 Visitantes están viendo este tema.

TIO MANUEL

Cita de: Lelopá en Abril 05, 2011, 00:32:34 am
Kalima Cuanto tiempo aver si te dejas ver SAUDIÑOS

Que bueno que lo echen de menos a uno. Jrasiñas e vemonos pronto
SI LOS QUE HABLAN MAL DE MI, SUPIERAN LO QUE PIENSO DE ELLOS, HABLARIAN PEOR!!!

Freddy´j

Cita de: KALIMA_VILA en Abril 05, 2011, 01:00:34 am

Que bueno que lo echen de menos a uno. Jrasiñas e vemonos pronto

Hombreeeeeeee, bienvenido de nuevo!!!!!
Onde andiveches, oh?
Razonar y convencer, ¡qué difícil, largo y trabajoso! ¿Sugestionar? ¡Qué fácil, rápido y barato!

t3

Beeeeeeeeeeennnnnnnnnnn
Parece ser que saligos del letargo invernal, vemonos
Un Pobo que non defende a sua identidade está condenado a desaparecer

Dou por perdido o perdido
E recollo o que quedou
E co que me queda vou
Seguindo o meu percorrido

[flash=100,100]http://www.youtube.com/v/0KjZHu-duEI[/flash]

Freddy´j

Cita de: t3 en Abril 05, 2011, 08:32:37 am
Beeeeeeeeeeennnnnnnnnnn
Parece ser que saligos del letargo invernal, vemonos

Saligos?????

Anda tomate la pastillita!!!!
Razonar y convencer, ¡qué difícil, largo y trabajoso! ¿Sugestionar? ¡Qué fácil, rápido y barato!

t3

Juer lee leee y lee no es lo que pone, es lo se entiende  .meparto esto de escribir tan cedo é o que ten
¿Y tú no puedes dormir, o vienes de pescar?
Un Pobo que non defende a sua identidade está condenado a desaparecer

Dou por perdido o perdido
E recollo o que quedou
E co que me queda vou
Seguindo o meu percorrido

[flash=100,100]http://www.youtube.com/v/0KjZHu-duEI[/flash]

Freddy´j

Me acaban de abrir la puerta.........es que hoy dormi en la alfombra de well..... Wellcome queria decir.
Razonar y convencer, ¡qué difícil, largo y trabajoso! ¿Sugestionar? ¡Qué fácil, rápido y barato!

t3

Cita de: freddytorques en Abril 05, 2011, 08:39:16 am
Me acaban de abrir la puerta.........es que hoy dormi en la alfombra de well..... Wellcome queria decir.

¡Aljo farias!
Un Pobo que non defende a sua identidade está condenado a desaparecer

Dou por perdido o perdido
E recollo o que quedou
E co que me queda vou
Seguindo o meu percorrido

[flash=100,100]http://www.youtube.com/v/0KjZHu-duEI[/flash]

Mesoiro

Bos días Galisia!!
Aproveitando que estades todos moi despertos, fágovos unha pregunta, a ver que recomendades/opinades.
Quero baixar ó Algarve a primeira quincena de maio. O problema son as peaxes do norte de Portugal, qué faríades:
1.-  mercar o parato e pagar > 70 eur o máis (incluso teño entendido que as furgos pagan máis)...
2.-  Ir por elas sin pagar > nin de coña xa que cando ven unha matrícula de fora bótanse como boitres...
3.-  Ir pola ruta da prata (Zamora-Salamanca-Estremadura-Sevilla-Huelva-Algarve), todo gratix, pero "feo".
4.-  Ir por estradas secundarias de Portugal... din que é un cristo e podo chegar ó sul en novembro...

Por suposto, velocidade te T3 vella (90 km/h máx).

Algunha opinión?
Miudiño... miudiño... que pra máis non da!

Mi historia: http://www.furgovw.org/index.php?topic=184816.0

wiespejo

Moi boas: Tengo que adaptar un asiento soldandole un par de trozos de U de hierro para que llegue a los anclajes originales de la furgo, pero tengo el problemilla de que no encuentro aqui en Coruña un "manitas" ni taller BBB (bueno, bonito y barato) que quiera hacerme la chapucilla. Alguien sabe de alguno por estos lares o alguien puede echarme una mano?. Os agradezco la posible ayuda.
Saludos y Felices Rutas.

wiespejo

Cita de: Mesoiro en Abril 05, 2011, 09:30:26 am
Bos días Galisia!!
Aproveitando que estades todos moi despertos, fágovos unha pregunta, a ver que recomendades/opinades.
Quero baixar ó Algarve a primeira quincena de maio. O problema son as peaxes do norte de Portugal, qué faríades:
1.-  mercar o parato e pagar > 70 eur o máis (incluso teño entendido que as furgos pagan máis)...
2.-  Ir por elas sin pagar > nin de coña xa que cando ven unha matrícula de fora bótanse como boitres...
3.-  Ir pola ruta da prata (Zamora-Salamanca-Estremadura-Sevilla-Huelva-Algarve), todo gratix, pero "feo".
4.-  Ir por estradas secundarias de Portugal... din que é un cristo e podo chegar ó sul en novembro...

Por suposto, velocidade te T3 vella (90 km/h máx).

Algunha opinión?

Pues yo en tu lugar iria por la ruta de la plata, pero con paraditas. En Zamora hay mucho que ver en plan historico y ademas tiene unas zonas de vinos y tapas muy interesantes. Salamanca tambien merece la pena una paradita, y de ahi a Plasencia (Valle del Jerte) no llegaras a la floracion de los cerezos pero si a las cerezas... jejeje. Despues visita a Caceres y Trujillo, Merida y Badajoz y entras en Portugal para visitar Evora. Desde ahi tienes la opcion de bajar al Algarve por el interior o por la costa, yo iria hasta Setubal y bajaria por la costa.
Espero haberte sido de ayuda. Vayas por donde vayas te deseo Felices Rutas.

t3

Cita de: Mesoiro en Abril 05, 2011, 09:30:26 am
Bos días Galisia!!
Aproveitando que estades todos moi despertos, fágovos unha pregunta, a ver que recomendades/opinades.
Quero baixar ó Algarve a primeira quincena de maio. O problema son as peaxes do norte de Portugal, qué faríades:
1.-  mercar o parato e pagar > 70 eur o máis (incluso teño entendido que as furgos pagan máis)...
2.-  Ir por elas sin pagar > nin de coña xa que cando ven unha matrícula de fora bótanse como boitres...
3.-  Ir pola ruta da prata (Zamora-Salamanca-Estremadura-Sevilla-Huelva-Algarve), todo gratix, pero "feo".
4.-  Ir por estradas secundarias de Portugal... din que é un cristo e podo chegar ó sul en novembro...

Por suposto, velocidade te T3 vella (90 km/h máx).

Algunha opinión?

Primeiro, a velocidade de esa T3 BELLA (observese bella non vella), é de 90km/h en subida ¿non? (Freddy, este non sabe o que dan de si estas maquinas)  .meparto
Segunto.- Siempre tienes al opción de ir por la autoestrada A1, e logo pola A2, ahí no tienes problemas de comprar nada, tienen cabinas de peaje, al final del tramo pagas y listo.
Yo te recomendaria, bajar por la A1, y por la A2 hasta la altura de Sines, luego de pasar Lisboa, es decir al llegar a Grándola, tiras para Sines y vas bajando hacia el Algarve todo por la Costa Vicentina, menos conocida, menos explotada y mas autentica, playas y pueblos para pernoctar sin problemas, luego llegas a Cabo San Vicente, y de ahi todo por la costa tirando hacia el Este. A la vuelta puedes subir por el Alentejo y meterte por Badajoz y subir por la ruta de la Plata, depende de los dias que tengas, Buen viaje y disfruta
Un Pobo que non defende a sua identidade está condenado a desaparecer

Dou por perdido o perdido
E recollo o que quedou
E co que me queda vou
Seguindo o meu percorrido

[flash=100,100]http://www.youtube.com/v/0KjZHu-duEI[/flash]

Freddy´j

No te metas con Mesoirooo ......................que che vai a andar cas orellas!!! .risas
Razonar y convencer, ¡qué difícil, largo y trabajoso! ¿Sugestionar? ¡Qué fácil, rápido y barato!

t3

Cita de: freddytorques en Abril 05, 2011, 11:02:52 am
No te metas con Mesoirooo ......................que che vai a andar cas orellas!!! .risas

Si eu non me meto, foi él quen dixo non sei que dunha t3 vella, e como este é un foro público, xa hai algún por ahí con unha numeración superior que está sacando peito, (que xa me chegaron as ondas ata aqui)  .meparto
Un Pobo que non defende a sua identidade está condenado a desaparecer

Dou por perdido o perdido
E recollo o que quedou
E co que me queda vou
Seguindo o meu percorrido

[flash=100,100]http://www.youtube.com/v/0KjZHu-duEI[/flash]

haizkolari

http://www.xornal.com/artigo/2011/04/01/suplementos/contexto/pague-portagem-passa-nada/2011040118313900640.html

"Não pague a portagem, não passa nada"

Tentar pagar as novas peaxes portuguesas, como obriga a lei, pode ser unha odisea. Os sistemas previstos non están dispoñibles e os operarios aos que se pregunta recomendan non pagar porque non se multa a estranxeiros. De momento

A doito ir a Portugal catro ou cinco veces ao ano. Entendendo por Portugal o que hai ao sur de Valença, claro. Como tantos galegos, pasei máis dunha vez as vacacións no Algarve. Aínda así, o meu perfil sería o dun visitante ocasional do país veciño, o dunha persoa que, para o Goberno portugués, non necesitaría mercar ou alugar o novo e caro dispositivo de telepeaxe implantado en case todas as autovías antes gratuítas e nas que non é posible o pagamento manual. Para un condutor coma min, o propio Goberno luso recomenda pagar puntualmente pola viaxe que se realice ocasionalmente por esas vías. E para iso anunciou que poría en marcha, tras negociar coa Xunta, varios medios alternativos de cobro. Porén, a experiencia empírica amosa que non hai moito interese por facilitar os pagamentos puntuais nin por reducir o temor dos visitantes ás sancións que en teoría terían que chegar por non pagar, o que está a provocar unha caída do movemento de galegos no norte de Portugal e consecuencias sobre a súa economía.

A PREPARACIÓN DA ODISEA

A pasada semana a miña xefa infórmame de que teño que ir a Porto ao día seguinte, así que decido inmediatamente facer a viaxe de ida sen sorpresas pola vella autoestrada interior A-3 Valença-Porto, na que cobran manualmente, pero arriscándome a realizar a volta pola A-28 costeira, a autovía na que xa está implantada a nova telepeaxe desde o pasado 15 de outubro entre Porto e Viana do Castelo. A partir do 15 de abril tamén serán de peaxe, entre outras moitas vías de todo o país, o treito final da A-28 entre Viana e Caminha, a A27 Viana-Ponte de Lima ou a autovía que chega ata Chaves, poboación limítrofe con Verín, todas elas moi transitadas polos galegos.

Tomada a decisión de volver a Galicia pola A-28, durante a tarde anterior entro en internet e, na páxina do Correos portugués, a CTT, busco o xeito anunciado pola Xunta e Portugal para pagar previamente por vía telemática. Tras cinco minutos remexendo, o que atopo no apartado para vehículos con matrícula estranxeira é que teño que rexistrarme previamente enchendo unha ducia de campos con información persoal. O proceso espértame dúbidas e decido non seguir. Tentarei pagar ao día seguinte en persoa.

O día en cuestión chego a Porto a media mañá sen problemas, tras pagar en efectivo na cabina de peaxe da vella A-3 un total de 8,15 euros polo traxecto desde Valença. Cando quero volver, decidido a facelo pola A-28 da nova telepeaxe, como se quixese ir a calquera das vilas costeiras da zona tan visitadas antes polos galegos, busco unha oficina da antedita CTT para tentar pagar alí en efectivo e supostamente recibir un comprobante que me exima de posteriores multas. Mala sorte. É mediodía e a oficina está pechada. Non podo agardar a que abra así que haberá que pagar nas áreas de servizo da propia autovía, como dixeron que tamén se podería facer.

O PUNTO SEN RETORNO

Arranco e entro na A-28. Aos dez quilómetros deixo á miña dereita o IKEA e constato que ata alí, desde o centro do Porto, non hai que pagar peaxe, pero conclúo que non é moi práctico para un galego ter que circular pola vella autoestrada ata a cidade, atravesar a súa colapsada circunvalación e logo volver atrás un anaco pola autovía costeira para evitar as peaxes que hai nesa vía máis ao norte. E todo iso para mercar alí uns mobles que tamén se atopan na Coruña pagando en man a peaxe da AP-9.

Sigo pola A-28 e, pouco despois do IKEA, atopo o primeiro e único sinal que me advirte de que, dous quilómetros máis adiante, esa vía pasa a ser de pago e que só se admiten medios electrónicos de cobro. Nesa zona tamén deixo atrás o desvío ao aeroporto Sá-Carneiro, cuxa curta autovía de acceso tamén ten telepeaxe. Pero eu ao meu, a tentar chegar a Viana.

Decidido a pagar en persoa nunha área de servizo, sigo adiante e supero o punto sen retorno. Non hai barreiras, só unhas cámaras colgadas dun pórtico metálico que supostamente gravan a miña matrícula tanto ao entrar como ao saír do treito con peaxe. Aos lados carteis luminosos déixanme ben claro que xa non hai solución. Estou circulando por un treito con telepeaxe e eu aínda non a paguei.

OS CANTOS DE SEREA

Detéñome na primeira área de servizo que atopo, no quilómetro 18 da autovía. Entro e busco as supostas máquinas que se ían instalar para facer o pagamento e obter o recibo que o acredite para evitar problemas. Pero alí o único que hai é un caixeiro bancario normal no que non aparece esa posibilidade. Acércome ao mostrador e identifícome ante a cobradora como galego e pregunto como pagar a peaxe. Soraia, segundo pon a chapa do seu peito, contesta con cara de sorpresa: "Nós aquí só temos para alugar o aparello da telepeaxe ou para recargalo; se vai facer só unha viaxe, siga". E engade a continuación pasándome a min a sorpresa: "Não pague a portagem, não passa nada" ("Non pague a peaxe, non pasa nada"). Tento xustificarlle que tentei pagar o día antes por internet e esa mesma xornada nunha oficina pechada da CTT, pero só aumento aínda máis a súa sorpresa e a súa insistencia en que non pasa nada, que siga viaxe sen pagar.

Saio da área de servizo preocupado. Quédanme aínda máis de 50 quilómetros ata Viana, moito como para que me poida parar a policía e pedirme un xustificante de pagamento que aínda non teño ou para que máis cámaras anoten a miña matrícula para logo enviarme unha multa ao cruzar datos e comprobar que non fixen pagamentos.

Chego ás proximidades de Viana sen novidades e sen cruzarme con ningún coche español, aínda que si con algún camión, e decido facer un segundo intento na última área de servizo, no quilómetro 64. Alí xa non teño que preguntarlle á moza que cobra o combustible. Hai un posto específico da CTT para peaxes e pregunto ao seu encargado, Miguel. Pero contéstame máis ou menos o mesmo, que alí só pode venderme o dispositivo para viaxeiros habituais ou recargalo, e confírmame que unha vez dentro da vía xa non hai xeito de pagar unha soa viaxe, como prometera o Goberno portugués ao galego. Dígolle novamente que eu intentei pagalo antes e mírame con cara de comprensión. Pregúntolle entón se corro o risco de que me multen e cóntame unha versión moi distinta da oficial: as cámaras non detectan as matrículas estranxeiras así que "non hai perigo, non pague, non pasa nada". Dimo alguén que en teoría tería que convencerme do contrario, de que pagase, así que doulle o "obrigado" e saio preguntándome cantos galegos mercarían o dispositivo de telepeaxe tras o susto inicial e cantos o devolverían ao saber que non se multa o estranxeiro que non paga. Tamén me pregunto que me pasaría se teño algún accidente ou avaría nesta vía sen nada que acredite que a estou usando debidamente, isto é, pagando.

Deixo finalmente o treito con peaxe e continúo a miña viaxe pola A-28 ata Caminha, polo treito que aínda é gratuíto pero no que comprobo que xa están en marcha as obras para colocar as cámaras que a partir do 15 de abril controlarán tamén alí as matrículas. A autovía remata á beira do Miño, que cruzo finalmente sen máis novidades e chego a Galicia.

Á ESPERA DA MULTA QUE NON DEBERÍA CHEGAR

Á vista da experiencia persoal, das respostas recibidas nas áreas de servizo e de que medio ano despois aínda ninguén, nin o Eixo Atlántico nin os empresarios de Pontevedra, ten novas sobre multas impostas, parece que o Goberno portugués decidiu que lle sae máis rendible non cobrar nin multar aos galegos que o custo de implantar novos sistemas de cobro máis sinxelos. Pero tamén parece que o Executivo luso non o pode dicir abertamente porque entón os seus cidadáns criticarían que eles pagan e os estranxeiros non, silencio que en todo caso a quen prexudica é aos hostaleiros do norte e os seus asustados clientes galegos.

Ante esta situación, e á espera que se concreten novas promesas feitas esta mesma semana de medios máis sinxelos de pagamento, a conclusión para un visitante ocasional é a de mirar para outro lado: métase e non pague. Ou en palabras dun amigo coñecedor da miña aventura, "dálle que libras". Iso si, o medo de ser un o primeiro ao que multan non llo quitará ninguén. Xa lles contarei se un día destes me chega algunha carta desde Portugal á caixa de correo.
A cabesa nom paaaaraaaaaa!!!!!!

t3

Pois eso .
Gracias por comparti-lo Haikizkolari